Publicado por: galiciarugby | 29/09/2011

Liga Galega de Rugby 2011-12

A Liga Galega de Rugby Senior Masculina 2011-12 estará formada por 12 equipos no campionato máis competitivo das últimas tempadas. CD Zalaeta e CR Lalín únense de Nacional á LGR xunto co segundo equipo de CRAT Coruña aos que hai que engadir Pontevedra RC que participará por primeira vez na súa historia cun equipo senior e a novidade de Jabatos del Bierzo de Ponferrada que foron aceptados na asemblea da FGR como novos membros, tras abandonar a liga de Castela e León. Ourense Rugby, Vigo RC II, Muralla RC, Mareantes RCP, CR Ferrol, CR Fendetestas e Santiago RC completan unha liga que se disputará a 22 xornadas e dará comezo o vindeiro 15 de outubro. Ourense Rugby tentará de renovar o campionato acadado na pasada tempada ante duros rivais e nunha longa liga.

Publicado por: galiciarugby | 29/08/2011

Benvidos!

Benvidos á nova web da Federación Galega de Rugby.

Categorías